GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

No primeiro cuarto os xogadores do Obradoiro CAB - Cenor, gracias a unha agresiva defensa nas liñas de pase, conseguiron un gran número de recuperacións que acabaron en rápidos contraataques. Esta intensidade defensiva facía que os locais lograran as primeiras diferencias no marcador pese ao maior físico e altura do C.B. Noia.

No segundo parcial os locais conseguiron aumentar a súa vantaxe gracias a unha boa disciplina en ataque. Os xogadores mantiñan unha gran compenetración nos seus movementos, favorecendo as situación de 1x1 e encontrando sempre ao xogador máis liberado. Esta melloría ofensiva permitiu que o Obradoiro CAB – Cenor se afastara no electrónico, chegando ao descanso cun marcador favorable de 46-24.

Tras á reanudación, os locais non puideron manter o nivel ofensivo, entrando con demasiada precipitación e perdendo demasiados balóns. Sen embargo, a pesar dese mal momento en ataque, os obradoiristas mantiveron a súa garra e nivel defensivo para pechar unha gran vitoria por un 69-46.

A próxima fin de semana o Obradoiro CAB – Cenor visitará a pista do C.B. Ribeira.