GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os primeiros minutos do encontro comezaron dominados totalmente polo equipo visitante, que endosaban aos locais un duro parcial de 0-11 que obrigaba a Oriol Junyet a solicitar tempo morto para tratar de cambiar a dinámica. A partir dese momento, os obradoiristas entraron de cheo no encontro e, grazas a unha moi boa defensa e unha rápida transición ofensiva, comezaron a darlle a volta ao electrónico (25-15).

No segundo cuarto, o equipo visitante intentou cambiar o ritmo do partido colocándose en zona, pero grazas ao gran acerto cos tiros exteriores e á solidez defensiva, o Cenor – Obradoiro CAB lograba continuar aumentando as diferenzas (23-10).

O terceiro tempo foi o máis igualado do partido, o xoven equipo local seguía correndo e anotando puntos ao contraataque pero o C.B. Sarria lograba manterse no encontro grazas ao seu acerto exterior (21-18).

O cuarto período foi dominado polo equipo visitante (14-19). Os de Sarria continuaron loitando ata o final pero o gran partido do Cenor – Obradoiro CAB permitiu que a vitoria se quedara na casa e que os de Santiago continúen cunha boa dinámica e crecendo como equipo.

O próximo partido, os obradoiristas viaxarán á sempre complicada cancha do Estudiantes Lugo Leyma Natura, o domingo as 12:00 horas.