GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Frouxo encontro o realizado polo Cenor - Obradoiro CAB na pista do Bosco Salesianos, nun encontro no que os locais realizaron un partido moi serio, impoñendo o seu ritmo de xogo en todo momento e levándose unha merecida vitoria. Os obradoiristas non mantiveron a liña de intensidade e concentración e levounos ata esta segunda fase, cometendo demasiados erros e solo deron mostra do seu potencial no último cuarto pero con máis corazón que cabeza.

Pese a todo, os visitantes competiron ata o último segundo o encontro, logrando poñerse por diante no marcador a falta de menos de dous minutos. Sen embargo, os locais manexaron moito mellor os instantes finais e a vitoria quedou na casa.

Esperemos que esta derrota sirva aos xóvenes xogadores obradoiristas para abrir os ollos e volver a senda do sacrificio e a humildade que os levou ata aquí para tratar de continuar coa boa senda.

O Cenor - Obradoiro CAB recibirá o sábado as 18:00 horas no pavillón Lorenzo de la Torre ao EDM A Estrada, nun encontro clave para continuar pelexando na parte media da clasificación desta fase de ascenso.