GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Esta próxima fin de semana varios equipos do Obradoiro CAB darán o pistoletazo de saída á tempada oficial e farano, por primeira vez na súa historia con todos os equipos competindo nas diferentes Ligas Galegas.

O sábado a partires das 18:00 horas o cadete recibirá no pavillón de Lorenzo da Torre ao Estudantes de Lugo, nun duelo entre dous equipos que veñen de lograr o ascenso, os obradoiristas na fase de ascenso do final da tempada pasada e os lucenses na máis recente celebrada hai escasos días.

Na mañá do domingo, desde as 10:00 horas no pavillón de Montouto, o equipo minibasket medirase nun dos derbis da categoría ao Peleteiro, na estrea por primeira vez na competición autonómica para o equipo minibasket do Obradoiro.

Finalmente na tarde do domingo, a partir das 17:00 horas, o Obradoiro - Peleteiro tratará de obter unha importante vitoria nunha das canchas máis difíciles da liga, a do Tui Cogomelo.